Posts Tagged ‘Xosé Carlos Caneiro’

“Felipe” (Xosé Carlos Caneiro)

3 October 2019

twitter: @eugenio_fouz

[Felipe González, expresidente socialista del Gobierno español

2.12.1982-5.05.1996]

Felipe González fue el presidente español del “cambio“. La política empezó a entenderse de otra manera a partir de él.

Para mí, el líder socialista más carismático de la democracia.

Xosé Carlos Caneiro escribe así:

Felipe

XOSÉ CARLOS CANEIRO

La Voz de Galicia
03/10/2019

“No 82, cando as rosas eran vermellas aínda, Felipe miraba en verde esperanza, que é como miran os entusiastas e os namorados. O futuro era azucre, doce e feliz. Pasados os anos, o futuro foi converténdose nun bandoneón gris, fariseo, de corrupción e cloaca. Porén, queda a música. Memoria. O recordo dos días fermosos, cando Felipe abría os brazos e mil pombas bicaban os corazóns enardecidos que gritaban liberdade, democracia, liberdade, xustiza, liberdade, esas palabras de dicionario que de cando en vez nos arrebatan. Queda recordar os días felices” (…) 

Lea la columna completa:

**

#PDF

https://tinyurl.com/y4so5dtu

*

Agosto [un artículo de Xosé Carlos Caneiro]

19 August 2015

twitter: @eugenio_fouz

IMG_0601

Cuando paso unos días de verano en mi tierra natal me gusta leer prensa allí también. Uno de los periódicos que favoritos de mi padre es @lavozdegalicia. Encontré este texto de Xosé Carlos Caneiro en la contrapartada del diario escrito en gallego: “Agosto”.

***

Agosto 

por

Xosé Carlos Caneiro (@xccaneiro)

“Agosto é un imprevisible estado de ánimo. Hai amores que nacen e outros que, como flores de abril, fenecen vítimas dunha onda esquiva do mar. En agosto hai quen desconecta da máquina febril que ordena a súa vida e quen quere conectarse aos electróns das modas adelgazándose o corpo e a alma. Tango, o meu can, pernocta deitado no lombo dunha estrela, namorado e cativo duns ollos que só el pode ver. Hai agostos de mar e outros de botellín de cervexa na praza do lugar, trenzando festas con orquestra azul. Hai agostos envoltos na nostalxia, como se este mes canalla quixera revolver na memoria con afán tristón. Regresan, daquela, os primeiros amores a bater na porta da túa noite. Miras cara atrás e ves o rastro, apenas nada, que os teus pasos foron deixando no camiño. Somos o que perdemos. Volven pequenas cancións, estribillos encapsulados no iglú do tempo: o soño dunha noite de verán. O segredo da felicidade consiste en que a felicidade non ten segredo ningún. Deixarse ir, sen máis. Non facerse preguntas para non encontrar respostas. Agosto inventouse para a alegría: non pensar. Estou convencido de que a máis sólida ventura acontece cando un non pensa. Para qué. Déixate ir, pois, río abaixo no río de agosto. Non poñas resistencia. Procura unha sombra cando pesen soles e calores. Pero non resistas. Estou canso do verbo resistir. Pensar, resistir: para qué, volvo a preguntarme. Agosto camiña con pés de milpéndora as aristas do teu corpo. Goza, se podes. E se non o consegues, pensa que ha de vir outro agosto menos infeliz. Que todos os túneles teñen final. Que alá ao fondo alguén escribiu un poema para ti, unha música, outro 6 de agosto. Un imprevisible estado de ánimo.”

http://tinyurl.com/owx4r5l

[artículo publicado el 6 de agosto de 2015 en @lavozdegalicia]

*


Journalism As Literature

A graduate seminar at the University of Florida

Suspendermen

Elements of True Gentlemen

Elloboestaaqui

Disentería literaria

Garrafablog

El primer blog de Garrafón en habla hispana

A Guy's Moleskine Notebook

Books. Reflections. Travel.

efnotebloc

crear siempre, aprender y guardar la llama