O artigo mais triste sobre a inocencia dun neno e o seu sentimento de culpa


twitter: @eugenio_fouz

smolianks

(fotografía de Gunnar Smoliansky.– ref. Blog “Trasdós” vía @20m)

Unas Navidades mi hermano Luis me regalaba un libro de artículos del escritor orensano Carlos Casares. El libro estaba escrito en gallego. Nada más empezar a leer me gustó el primero de los artículos titulado “Acto final”. En él, Casares cuenta la historia de un niño sorprendido por su padre en un acto íntimo que le produce mucha vergüenza. El padre habla con su hijo del castigo sufrido por quienes realizan ese ritual pecaminoso y la condena a muerte para aquellos que repitan el acto un determinado número de veces …

(1) 

https://medium.com/@eugenio_fouz/la-mujer-en-los-párpados-la-cuadragésimo-nona-vez-eugenio-fouz-c2280101668e#.12uyg0qq0

Hace unos años el diario LA VERDAD de Murcia publicó un artículo de opinión (1) en el que yo citaba “Acto final”. En muchas ocasiones quise volver a este relato mágico que tanto me gustó y que creí perdido entre los libros de mi biblioteca.

Hoy he vuelto a recordar el artículo de Casares a raíz de una conversación en @twitter que mantuve con la periodista gallega Ana Cermeño (@lacerme). Sé que a ella también le va a gustar leerlo todas las veces que quiera.

**

Este es el artículo de Carlos Casares

Á MARXE, 1995 Obra xornalística IV

(EDITORIAL GALAXIA).-Vigo. 2006

Acto final

CARLOS CASARES

“Débolle a Billy Wilder a primeira risa do ano que comeza. Estaba onte lendo a súa biografía e atopeime cunha historia chea de malicia que merece a pena ser contada. Tratábase dun neno, amigo da infancia do celebre director de cine, a quen o pai sorprendeu un día facendo un pecado.

Co propósito de corrixilo, díxolle que se repetía aquel acto cincuenta veces, morrería. O rapaciño prometeuse a si mesmo emendarse, pero sen conseguilo. Por precaución, cada vez que sucumbía puña unha raia nun caderno.

Pouco a pouco, a pesar de estar convencido de que a súa debilidade o conducía irremediablemente cara a un fatal desenlace, a libreta íase enchendo de raias.

O único que conseguía con moito esforzo era ir retrasando o día da morte, que de todas maneiras se aproximaba de forma inexorable, tal como o seu pai lle tiña anunciado.

A raia número corenta e nove estivo bastante tempo pechando a serie, pero o demo arranxou todo para que a número cincuenta, e definitiva, fose trazada no lugar que lle correspondía.

Antes, o rapaz escribiulle unha carta cariñosa aos seus pais, na que lles explicaba como tiña loitado contra a tentación, pero que ao cabo ía caer por última vez e que rogaba que lle perdoasen.

Meteu a carta por debaixo da porta do dormitorio deles e alá se encamiñou cara ao acto final.

Por fortuna, Deus foi máis comprensivo que o pai do rapaz.”

Luns, 2 de xaneiro

[artigo escrito por Carlos Casares]

*

Tags: , , , , , , , , , , , , , ,

Leave a Reply

Fill in your details below or click an icon to log in:

WordPress.com Logo

You are commenting using your WordPress.com account. Log Out / Change )

Twitter picture

You are commenting using your Twitter account. Log Out / Change )

Facebook photo

You are commenting using your Facebook account. Log Out / Change )

Google+ photo

You are commenting using your Google+ account. Log Out / Change )

Connecting to %s


%d bloggers like this: