Agosto [un artículo de Xosé Carlos Caneiro]


twitter: @eugenio_fouz

IMG_0601

Cuando paso unos días de verano en mi tierra natal me gusta leer prensa allí también. Uno de los periódicos que favoritos de mi padre es @lavozdegalicia. Encontré este texto de Xosé Carlos Caneiro en la contrapartada del diario escrito en gallego: “Agosto”.

***

Agosto 

por

Xosé Carlos Caneiro (@xccaneiro)

“Agosto é un imprevisible estado de ánimo. Hai amores que nacen e outros que, como flores de abril, fenecen vítimas dunha onda esquiva do mar. En agosto hai quen desconecta da máquina febril que ordena a súa vida e quen quere conectarse aos electróns das modas adelgazándose o corpo e a alma. Tango, o meu can, pernocta deitado no lombo dunha estrela, namorado e cativo duns ollos que só el pode ver. Hai agostos de mar e outros de botellín de cervexa na praza do lugar, trenzando festas con orquestra azul. Hai agostos envoltos na nostalxia, como se este mes canalla quixera revolver na memoria con afán tristón. Regresan, daquela, os primeiros amores a bater na porta da túa noite. Miras cara atrás e ves o rastro, apenas nada, que os teus pasos foron deixando no camiño. Somos o que perdemos. Volven pequenas cancións, estribillos encapsulados no iglú do tempo: o soño dunha noite de verán. O segredo da felicidade consiste en que a felicidade non ten segredo ningún. Deixarse ir, sen máis. Non facerse preguntas para non encontrar respostas. Agosto inventouse para a alegría: non pensar. Estou convencido de que a máis sólida ventura acontece cando un non pensa. Para qué. Déixate ir, pois, río abaixo no río de agosto. Non poñas resistencia. Procura unha sombra cando pesen soles e calores. Pero non resistas. Estou canso do verbo resistir. Pensar, resistir: para qué, volvo a preguntarme. Agosto camiña con pés de milpéndora as aristas do teu corpo. Goza, se podes. E se non o consegues, pensa que ha de vir outro agosto menos infeliz. Que todos os túneles teñen final. Que alá ao fondo alguén escribiu un poema para ti, unha música, outro 6 de agosto. Un imprevisible estado de ánimo.”

http://tinyurl.com/owx4r5l

[artículo publicado el 6 de agosto de 2015 en @lavozdegalicia]

*

Tags: , , , , ,

Leave a Reply

Fill in your details below or click an icon to log in:

WordPress.com Logo

You are commenting using your WordPress.com account. Log Out / Change )

Twitter picture

You are commenting using your Twitter account. Log Out / Change )

Facebook photo

You are commenting using your Facebook account. Log Out / Change )

Google+ photo

You are commenting using your Google+ account. Log Out / Change )

Connecting to %s


%d bloggers like this: